Os mundos de Lupi

martes, febrero 01, 2005

Intensidade

Después de mucho meditar, he decido poner por primera vez en el blog alguno de mis relatos. Para comenzar esta pekeña "andaina", q mejor q con uno de mis preferidos. Este relato tiene mucha historia y mucha metáfora... A la persona a la q va dirigido se lo quiero dedicar con especial cariño, xq sabe q lo escribí pensando en él y q a pesar de nuestras malas rachas lo quiero muchísimo, y sobretodo, quiero q sepa q sólo él conoce su signifikdo. Un bico niño!

INTENSIDADE


Hoxe estamos en guerra. Pero ti baixaches a merca-lo pan.
Na túa caluga amoréanse miles de olladas; inquedas, incertas, escorregadizas. Pero non voltas a túa mirada fatigada cara atrás.
Navegas firmemente polas rúas solitarias, escapas victoriosa do campo de batalla.
Sorriso solitario. Pensamentos aparcados. Vida estalada. Aloumiños afogados.

Quizais atopaches aquela escura, estrelecida e fría noite de lembranzas no caixón da cómoda, cando sentiches unha ilusión.

Sentámonos naquel recanto, na praza, baixo a árbore que plantáramos xuntos día tras día, ano tras ano. Na que as pombas ofrecíanse eternidade, e na súa sombra asubiaba o vento.

Palabras tímidas, mans distantes, beizos ó axexo, salaios concedidos.

Alerta máxima ante o ataque do inimigo.

Apunten.

Fogo.

Paixón ardente. Bicos en terra de ninguén.


Chegamos a un acordo, firmamos un pacto.

Promesas esquecidas, desacougos perdidos, tempos rotos, corazóns durmindo.


Busquei a túa chave. Xardíns, fontes, bibliotecas. Quixo aparecer no salón dun triste fogar, perdida entre xornais a medio ler. Ti endexamais rematas os soños. Na miña man parecía máis pequena do que ti me deras a entender. Parva inxenuidade.

A chave no ferrollo. Inquedanzas, dor. Abrín a porta da nosa habitación.Brancos caraveis frescos pousados sobre o leito arrincábanme a miña paciencia. O caixón da túa cómoda, aberto. Xanelas louzás, compañeiras das raiolas do anoitecer.
Candeas rematadas. No espello, a túa pantasma.

Alto ó fogo. Quero espertar.

Bágoas.

¿Ónde estás?